Saldo migratorio

Saldo migratorio mundial. O azul denota un saldo positivo e o laranxa un saldo negativo.

O saldo migratorio é o balance que existe entre a inmigración e a emigración nun determinado lugar, cando o saldo migratorio é positivo, a poboación aumenta; cando o saldo migratorio é negativo, a poboación diminúe (idea que non toma en conta a taxa de crecemento natural da poboación, que sería a diferenza entre a natalidade e a mortalidade nun ano determinado).

Saldo migratorio = Número de inmigrantes - Número de emigrantes. Razón de orde baseada en que se houbese maior inmigración, o saldo migratorio daría un valor positivo. Isto faio máis acorde á realidade, pois é cando a poboación vese aumentada.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search